|
ACTO PÚBLICO PARA ENTREGA DOS TÍTULOS ACREDITATIVOS DAS ACCIÓNS FORMATIVAS DESEVOLVIDAS NO ANO 2011
No acto participou Don Daniel Lopez Muñoz, representante da Xunta de Galicia, e a Concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, do Concello deSantiago Dna, Paula Prado del Río , xunto co Presidente da Plataforma polo Emprego, D. Miguel Fernández Blanco e a Responsable de Formación da Plataforma, Dna Teresa Rodríguez Vilaseco. As accións formativas realizadas no ano 2011 foron financiadas pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia dentro do programa “INSIRE” no marco do II Plan Galego de Inclusión Social.
|
|
Ler máis...
|

A ASOCIACIÓN PLATAFORMA POLO EMPREGO COMO ENTIDADE INTEGRANTE DO PACTO LOCAL POLO EMPREGO (PALE), PARTICIPAMOS NA I FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO, QUE TIVO LUGAR OS DÍAS 3 e 4 DE NOVEMBRO NO PAVILLÓN MULTIUSOS FONTES DO SAR
   Ver máis información
|
III Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral
“O VALOR SOCIAL E ECONÓMICO DAS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL”
Venres 23 de setembro de 2011, Ourense
Centro de desenvolvemento Nova Caixa Galicia. Avda de Pontevedra nº9
De 9.00 a 13.30 horas
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA) e o Concello de Ourense organizan as "III Xornadas Galegas de Empresas de Inserción Laboral", en colaboración co Aspanas E.I.L, o venres 23 de setembro, no Centro de desenvolvemento Nova Caixa Galicia. Avda de Pontevedra nº9, Ourense.
O obectivo é por en valor a contribución do sector social, visibilizando a capacidade das empresas para crear e manter emprego, incluso nos momentos de crise, impulsar e promover a implementación das claúsulas sociais. Ao tempo de presentar as empresas de inserción, coma un modelo de producción sostible que soporta con máis flexibilidade os momentos económicos difíciles pola primacia das persoas e do fin social sobre o capital, pola xestión que favorece a igualdade de oportunidades.
No seu programa está previsto tratar aspectos clave para este tipo de empresas como son a figura dos itinerarios de inserción e a necesidade da concertación público-privada, poñendo especial interese na fórmula de reserva de mercado e na inclusión de cláusulas sociais na contratación pública.
VER PROGRAMA
INSCRICIÓNS (ata cubri-lo aforo salón)
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Mais información: Teléfonos: 881 957 452 - Rúa Concheiros 33, 1º- Santiago de Compostela
Asociación de Empresas de Inserción de Galicia AEIGA Tel: 881 957 452 Rúa Concheiros nº 33, 1º 15703 Santiago de Compostela
|
FORMACIÓN URBANA 2011
-
CURSO CAMAREIRA DE ANDARES
FORMACIÓN SOCIOPROFESIONAL CON PRÁCTICAS EN EMPRESAS
DIRIXIDO A : Persoas empadroadas nos barrios de: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios (Zona Norte de Santiago). Duración: do 9 de setembro ao 15 de outubro 2011 Selección: 5 de setembro ás 11:00 hs en Cáritas Interparroquial de Santiago. Rúa Hospitaliño 2 esquina San Roque Información e Inscricións en Centro de Traballo de Traballo e Cultura Rúa San Roque 6-bis, Tlf: 981 576 142/ 981 580 506
-
FORMACIÓN COMPETENCIAS CLAVE
PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE de: (atención sociosanitaria, hostelería, edificación e obra civil, comercio, etc.)
DIRIXIDO A : Persoas empadroadas nos barrios de: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios (Zona Norte de Santiago). Interesadas na formación con certificado de profesionalidade que non teñen a ESO , e/ou non teñen os estudos homologados
Aberto prazo de inscrición
As persoas interesadas porse en contacto coa Plataforma Polo Emprego: 981580506/ rúa Concheiros, 33-1º Santiago
Convocatoria no Dog do luns 05 setembro de 2011. Ver Convocatoria e descarga modelos inscrición
Actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciadas pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixe número 5 (Desenvolvemento sustentable local e urbano) do Programa Operativo do FEDER en Galicia para o período 2007-2013".
   
|
|
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES URBANA NORTE PARA O ANO 2011
PERSOAS DESTINATARIAS
Persoas empadroadas nos barrios de: Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreira, Espírito Santo, A Esila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios.
- Mulleres pertencentes a fogares monoparentais con escaseza recursos socioeconómicos
- Pertencer a alguna minoría étnica (xitanos) con escaseza de recursos socioeconómicos
- Inmigrantes con problemas de integración social e escasos recursos económicos
- Persoas paradas de longa duración menores de 25 anos ou maiores de 45, inscritas ininterrompidamente como desempregadas na oficina de emprego durante 6 meses
- Persoas con discapacidade recoñecida regulamentariamente con escaseza de recursos socioeconómicos
- Mulleres vitimas de violencia de xénero con escaseza de recursos socioeconómicos
- Menores procedentes de familias desestruturadas con idade para traballar
- Outras persoas que se atopen en risco de exclusión
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Fotocopia de DNI ou NIE
- Certificado de empadronamento
ACCIÓNS FORMATIVAS
- Deseño do itinerario e accións de acompañamento social (PAS): Luns a venres, de 10:00 a 13:00 hs
- Técnicas de busca de emprego (PBE) co Adestramento das TIC: Luns a venres de 10:00 a 13:00 hs
- Formacion Socioprofesional con prácticas en empresas ( curso camareira de andares): Do 09 de Setembro ao 15 de Outubro de 09:00 a 14:00 hs ( en rúa hospitaliño 2 Santiago )
- Práctica e adestramento en Habilidades Sociolaborais e Igualdade de Xénero :
Do 9 de Setembro ao 15 de outubro. Horario: 10:00 a 12:00 hs (martes e xoves) ( en rúa hospitaliño 2 Santiago )
-Adquisición de competencias clave para acceso á formación AFD: 10:00 a 13:00 hs (luns e e mércores)
-Orientación formación e asesoramento a emprendedores/as: 10:00 a 13:30 hs (luns e e xoves)
Interesados/as dirixirse a RÚA CONCHEIROS 33- 1º ANDAR. 981 580 506:-Aberto o prazo de inscrición
Actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte, cofinanciadas pola Unión Europea con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Eixe número 5 (Desenvolvemento sustentable local e urbano) do Programa Operativo do FEDER en Galicia para o período 2007-2013".
   
|
|
CURSO DE EMPRENDEMENTO.
Convocatoria para a participación no proxecto“Medrando: Obradoiros de Emprendemento”
A Asociación Plataforma polo Emprego abre a convocatoria para participar durante o ano 2011 no proxecto de creación de empresas e emprendemento: “Medrando: Obradoiros de Emprendemento”.
O proxecto estructúrase en 6 sesións formativas grupais de 4 horas de duración cada unha que terán lugar os días 25, 26 e 27 de abril e o 2, 3 e 4 de maio en horario de tarde, máis as correspondentes sesións de titorización individual.
A convocatoria vai dirixida a persoas interesadas en xeral e con especial dedicación ás mulleres, inmigrantes, emigrantes retornadas, mozos e maiores de 45 anos, cunha idea empresarial, que presenten un perfil claramente emprendedor e que estean interesadas en acceder ao mercado laboral mediante a creación do seu propio posto de traballo.
A formación é gratuita incluíndo o asesoramento e a tutela personalizada para cada proxecto. As persoas interesadas poden remitir o formulario de solicitude axunto, ben ao enderezo de correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
, ou por Fax: 981 580 506
Para máis información poden dirixirse a Asociación Plataforma polo Emprego no teléfono 981 580 506
Rúa Concheiros nº 33- 1º. 15703 Santiago de Compostela
PROGRAMA E CRONOLOXÍA
FOLLETO E INSCRICIÓN
INSCRICIÓN PDF
  
|
|
30/03/2011 ACTO PÚBLICO DE PRESENTACIÓN DA MEMORIA DE ACTIVIDADES DO ANO 2010
Celebrouse no salón de actos do Centro Social NOVACAIXAGALICIA de Santiago de Compostela (Praza Cervantes, 17)
A Memoria recolle un traballo que en primeiro lugar destaca pola súa integralidade, neste ano consolidamos actuacións que permitiron unha oferta de servizos moi ampla, adaptada a diferentes situacións e realidades das persoas coas que traballamos, así ofertamos servizos de orientación laboral, formación ocupacional, promoción do emprego e asesoramento a proxectos de emprendemento e mesmo de empresas propias de inserción. Ademais do traballo de sensibilización social, formación técnica, impulso e participación en redes de traballo en ámbitos como os servizos sociais, a inmigración, ou o traballo das empregadas de fogar.

 VER MEMORIA 2010
Noticia El Corro Gallego
Noticia La Voz de Galicia |
CAMPAÑA DE DIFUSIÓN DAS "EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL"
Dende a Asociación Plataforma polo Emprego e a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela convidamos a participar na Xornada de Clausura sobre as Empresas de Inserción. Foro de encontro no que o mundo das organizacións e asociacións empresariais, das organizacións sindicais, das asociacións e entidades sociais, dos profesionais das áreas de emprego e servizos sociais, do movemento veciñal e das persoas interesadas en xeral; debatan sobre a figura das Empresas de Inserción Laboral como ferramenta de promoción do emprego e loita contra a exclusión social.
Obxectivo: Dar a coñecer a realidade das empresas de Inserción Laboral.
XORNADA CLAUSURA
XOVES 10 de marzo de 2011 ás 18:30hs no Centro Social Caixanova, praza Cervantes-17 
INAUGURACIÓN DA XORNADA:
XOSÉ MANUEL IGLESIAS, Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago
MIGUEL FERNÁNDEZ BLANCO, Presidente da Asociación Plataforma Polo Emprego
RELATORIO: "CORMO INTEGRAL UNHA EXPERIENCIA REAL DE INSERCIÓN LABORAL" a cargo de CARMEN AVENDAÑO OTERO,
Presidenta da Fundación Érguete, promotora da empresa de Inserción Laboral Cormo Integral S.L.U.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "Empresas de Inserción Laboral"
Dende o 24 febreiro ate o 10 marzo
Lugar: Centro Sociocultural "A Trisca", Rúa Corredoira das Fraguas, 92
Mais información: 981 580 506
VER PROGRAMA CAMPAÑA
|
|
|