Comisión de Traballo en Rede e Sensibilización Social
|
En relación á necesaria coordinación e promoción en rede a Plataforma polo Emprego participa e promove unha serie de actuacións do Traballo en Rede con diferentes organismos e actividades de Sensibilización:
- Membro do Foro Galego de Inmigración.
- Membro da Plataforma pola Dignificación do Emprego de Fogar e Promoción do Asociacionismo a través de Xiara (Asociación de empregadas de fogar).
- Membro de EAPN (European Anti Poverty Network).
- Convenio de Plan Local polo Emprego de Santiago de Compostela, asinado co Concello.
- Centro autorizado de orientación laboral e busca de emprego e asesoramento de proxectos empresariais pola Consellería de Traballo e Benestar.
- Membro da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (AEIGA).
- Participación na Rede de Inserción Sociolaboral do Concello de Santiago.
- Participación na elaboración da Lei Galega de Servizos Sociais e na avaliación do Plan de Inclusión Social.
- Membro do Comité organizador do Foro Mundial da Educación.
- Membro do Consello Dinamizador do Foro Social Galego.
|
|