Anagrama_333x120.jpg
Logo-E.I.L..jpg
PDF Imprimir Correo-e
logo do Foro de Inmigración
Composto en 2002 por entidades de carácter social, sindical e político, ten como obxecto sensibilizar á sociedade en relación coa situación das persoas inmigrantes e emigrantes retornadas. Cabe destacar varias actividades que realiza o foro como son:
  • Asemblea xeral da inmigración e emigración de retorno onde se conclúen unha serie de actuacións concretas, a nivel lexislativo e social.
  • Formación itinerante sobre a lei de estranxeiría dirixida a técnicos que traballan con persoas inmigrantes e emigrantes e á poboación en xeral
  • Campañas de sensibilización dirixida ao empresariado e outros
  • Decálogo medios de Comunicación En Santiago de Compostela o Foro de inmigración reúnese de xeito mensual (o primeiro mércores de cada mes)
  • Campañas nos centros educativos de primaria e secundaria:
    • Campaña Xunt@s: dirixido ao alumnado de educación primaria, 3 º e 4º de Primaria portada da  publicación En cada rostro igualdade
    • En cada Rostro Igualdade: Accións de formación-sensibilización dentro  do ámbito do ensino secundario
    • Campaña Mira cos mesmos ollos: dirixida a escolares de colexios e centros de secundaria durante o curso 2003-2004, incluía Charlas-coloquio,  exposición itinerante, e concurso de camisetas para os mais pequenos. Tivo unha notable difusión na cidade e comarca. Traballouse tamén en iniciativas similares a nivel universitario e social (centros socioculturais municipais, parroquias, etc)
Foro de Inmigración en Santiago

Centro Traballo e Cultura Rúa de San Roque 6-bis

15704 – Santiago Teléfono: 981576142

www.forogi.wordpress.com

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 Durante os últimos tres anos o Foro de Inmigración, en colaboración cos Departamentos de Educación dos Concellos de Santiago e Ames, leva desenvolvendo diferentes campañas de sensibilización do alumnado ante o fenómeno migratorio. Froito das experiencias acumuladas neste tempo, e ante a escaseza de materiais en galego sobre este tema, elaboramos a unidade didáctica En Cada Rostro Igualdade. Este proxecto educativo vai dirixido fundamentalmente ao alumnado de 2º ciclo de E.S.O. pero tamén inclúe actividades que poden ser útiles noutros niveis. O obxectivo xeral é achegar aos alumnos ao fenómeno da inmigración a través dunha perspectiva crítica e razoada, logrando a súa implicación afectivo e actitudinal na convivencia e na construción dunha sociedade integradora e intercultural. A unidade didáctica propón actividades para ser traballadas nas titoras ou en sesións específicas dedicadas a este tema, coordinadas, se é o caso, polo Departamento de Orientación. A súa estrutura é a seguinte:

 

Guía para o profesor.

Bloque I. Reflexionando sobre os estereotipos.

Bloque II. Causas e consecuencias das migracións.

Bloque III. A inmigración a través dos xornais.

Bloque IV. Tomando postura. Dita estrutura permite afondar no fenómeno migratorio e na realidade das persoas migrantes. En cada un dos catro bloques establécense uns obxectivos específicos e ofrécense unha serie de actividades detalladas para que o profesorado seleccione aquelas que lle parezan máis apropiadas para o grupo. Se están interesados en recibir este material non teñen máis que solicitalo, indicando o seu enderezo, e enviarémosllo ao seu centro.