• ACCIÓN SOCIAL

MEMBRO DA PLATAFORMA POLA DIGNIFICACIÓN DO EMPREGO DE FOGAR E PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO NESTE  ÁMBITO: ASOCIACIÓN DE EMPREGADAS DE FOGAR “XIARA”

O sector do emprego de fogar é no que  traballan moitas das persoas que participan nas actividades da Plataforma polo Emprego.

A Asociación de Empregadas de Fogar Xiara xurde no ano 2004 froito das accións de sensibilización da Rede pola Dignificación de Emprego de Fogar no  ano 2001 (composta por organizacións de carácter social e sindical). Unha das promotoras desta rede foi a Plataforma polo Emprego.

O obxectivo principal da Asociación Xiara é o estudo e as accións encamiñadas a transformar a situación sociolaboral das empregadas de fogar en Galiza.

Actualmente a Plataforma polo Emprego segue apoiando  e participando nas actividades da Asociación Xiara.

Xiara - Asociación de Empregadas de Fogar

MEMBRO DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN RETORNO está composto  por entidades de carácter social, sindical e político. Xurde no ano 2002 e ten como obxecto sensibilizar á sociedade en relación coa situación das persoas inmigrantes e emigrantes retornadas. É dicir, lograr que no mundo a migración sexa respectada como un Dereito Humano e acabar coa discriminación, o racismo e a xenofobia.

Eixos de actuación:

  • Defensa e reivindicación dos dereitos das persoas  inmigrantes e emigrantes retornadas.
  • Promoción da integración intercultural.
  • Sensibilización da sociedade galega en torno ao fenómeno migratorio.
  • Prevención de accións negativas en contra do colectivo inmigrante.
  • Presión social e política.
Foro de Inmigración