• Compostela Inserta

Compostela inserta é unha empresa de inserción laboral  adicada  a proporcionarlles aos traballadores/as en situación ou risco de exclusión social un traballo remunerado, a formación e acompañamento precisos para mellorar as súas condicións de emprega-bilidade e poder facilitarlles o acceso ao mercado laboral ordinario.

Visita a súa páxina web: www.compostelainserta.com

Servizo  Recollida de aceite vexetal usado

EMPRESA OFICIAL DO CONCELLO DE SANTIAGO PARA A RECOLLIDA DE ACEITE VEXETAL USADO

Compostela Inserta é a empresa oficial que leva a cabo a recollida do aceite vexetal usado nos establecementos hostaleiros e Centros Socioculturais do Concello de Santiago de Compostela, sendo a única empresa que ten vixente un convenio de colaboración coa Asociación de Hostalería de Santiago.

Convenio recollida Concello Santiago e Hostalería

Listado recollida aceite C.S.C.

Ademais recollemos en Puntos Limpos de todo Galicia e establecementos hostaleiros de Bertamiráns, Milladoiro, Teo, Muros, Rianxo, Boiro, etc,.

A lexislación vixente establece unha serie de obrigas respecto das verteduras do aceite vexetal usado tanto aos  estabelecementos hostaleiros como respecto á cidadanía en xeral. A entidade dispón de toda a documentación para que quen contrate os nosos servizos poda ter xustificantes do cumprimento da normativa vixente. A recollida realizarase de xeito totalmente de balde  deixando á disposición do estabelecemento un bidón de recollida.

Servizo de Limpezas

Ofrecemos servizo de limpezas de oficinas, portais, estabelecementos comerciais de todo tipo, garaxes e naves comerciais e limpezas de mantemento (diario ou semanal).

Servizo de Pequenos Portes e Mudanzas

Prestación de servizos de pequenos portes e mudanzas.

  • Inscrita no rexistro de Empresas de Inserción da Xunta de Galicia co nº 66/11/2010/EIL
  • Inscrita no Rexistro Xeral de contratistas da Comunidade
    Autónoma Galega nº 4.231
  • Inscrita no Rexistro de Entidades prestadoras de Servizos
    Sociais da Consellería de Traballo e Benestar co nº E-5948
  • Transportista profesional de residuos non perigosos
    CO-I-NP-XRT-00164

Recollida aceite C.S.C
Servizo de recollida de aceites
Servizo limpeza
Conselleria de Economia, Emprego e Industria
Aeiga
Faedei