COÑÉCENOS
A Plataforma polo Emprego é unha asociación na que participan diferentes entidades de carácter social de Santiago de Compostela: Asociación de traballadoras de Fogar e Coidados Xiara, Asociación Fonte da Virxe, Asociación de Mulleres Recandea, Asociación Veciñal A Xuntanza, Asociación Veciñal Polígono de Vite, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia, Foro Galego de Inmigración, Centro de Traballo e Cultura de Cáritas Interparroquial de Santiago, Coordenadora do Barrio de Vite, Cruz Vermella de Santiago, Andaina (prosaúde mental), Acción Contra a Fame, Sarela Asociación de Dano Cerebral de Compostela, Fundación Laboral da Construción de Galicia, Fundación Secretariado Xitano e os Equipos de Inclusión de Ames, Arzúa, Noia e Santiago. No ano 1998, nace como plataforma aberta de asociacións e entidades, coa idea de debater e propoñer iniciativas en torno ao emprego dirixidas sobre todo, aos colectivos sociais máis desfavorecidos.
Enderezo:
Rúa dos Concheiros, 33 – 1º
15703 Santiago de Compostela – A Coruña
981 580 506
Horario:
Luns-Venres: 9:00-15:00
FINALIDADE
- Dar a coñecer a situación das persoas que se atopan con especiais dificultades para o acceso ao emprego.
- A promoción do emprego e da inserción sociolaboral das persoas que se atopan ou están en risco de exclusión social e/ou que atopan dificultades para o acceso ao mercado laboral.
- A promoción da participación en rede e o debate nas cuestións que constitúen o obxecto da Plataforma polo Emprego.
A NOSA FILOSOFÍA DE INTERVENCIÓN SOCIAL refléxase a través do plan integral para inserción sociolaboral, substéntase sobre catro pilares básicos: Personalización do proceso de procura de emprego por conta allea ou propia; Acompañamento Social cando é necesario, sobre todo nos casos onde se presente escaseza de recursos laborais e sociais; Coordinación Social entre proxectos que se desenvolven na cidade e comarca para aproveitar os recursos humanos e sociais ao máximo posible; e Participación Social en Rede para evitar solapamentos e desorientación nas persoas participantes nos programas de emprego e para implementar novos xeitos de metodoloxía de intervención social, e Acción social con actos de sensibilización e denuncia de situacións de precariedade laboral.