Do 8 ao 19 de xullo imos impartir o curso: “Técnicas de MOBILIZACIÓN DE PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO”, esta formación pretende mellorar a empregabilidade das persoas participantes, preferentemente desempregadas e/ou con emprego precario, no sector dos COIDADOS.  O aumento da necesidade de apoio das persoas para manter a súa autonomía persoal, xunto aos cambios producidos no ámbito familiar e laboral fan que aumente cada vez máis a demanda de persoal de coidados, tanto no eido familiar coma no profesional, por iso a importancia dunha formación profesional axeitada e que tamén mellore a empregabilidade das persoas dedicadas a esta actividade.

PROGRAMA:

–  Concepto de dependencia

–  Marco legal

–  Principios básicos na atención á dependencia

–  Servizos para atender ás persoas dependentes

–  Mobilidade da persoa dependente

–  Técnicas de mobilización, traslado e deambulación

–  Toma de constantes vitais

–  Técnicas de seguridade e primeiros auxilios

Actividade do PACTO LOCAL POLO EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA