Poñemos en marcha os Programas EMERXENDO: ITINERARIOS DE INCLUSIÓN BÁSICA E ITINERARIOS DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPREGO.

EN QUE CONSISTEN?

O conxunto de accións que se deselvolven nestas actuacións pretenden que as persoas participantes adquiran recursos e ferramentas útiles para o seu futuro desenvolvemento no mercado laboral e así conseguir a inclusión social e laboral.

Estas actuacións son complementarias co conxunto de actividades que realiza a Plataforma polo Emprego; estas están dirixidas a facilitar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social. Para alcanzar os obxectivos plantexados, a entidade conta con dúas canles ou áreas de traballo principais :

Área de Inserción sociolaboral e formación

Área de promoción de emprego e emprendemento.

CON QUE FIN?

  • INTEGRACION SOCIAL DAS PERSOAS PARTICIPANTES
  • ADQUISICIÓN DE HÁBITOS SAUDABEIS DE VIDA
  • ADQUISICIÓN DE RECURSOS PERSOAIS SOCIAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DA VIDA DIARIA
  • MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS E DAS PARTICIPANTES
  • ADQUISICIÓN DE RECURSOS PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIOCULTURAL E LABORAL
  • MELLORAR A EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS PARTICIPANTES
  • INSERCIÓN SOCIOLABORAL DAS PERSOAS PARTICIPANTES
  • AMPLIACION E FORTALECEMENTO DAS REDES DE PARTICIPACION NAS ACCIÓNS DE INCLUSIÓN

QUEN PODE PARTICIPAR?

As persoas que estean en situación de desemprego ou emprego precario e que non dispoñan de recursos socioeconómicos