Poñemos en marcha os Programas EMERXENDO- ITINERARIOS DE INCLUSIÓN BÁSICA E ITINERARIOS DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPREGO.
Progarmas subvencionados según Orde de 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvención a entidade de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, e se convocan para os anos 2022 e 2023, financiadas parcialmente con fondos REACTU-UE como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS631A).
EN QUE CONSISTEN?
O conxunto de accións que se deselvolven nestas actuacións pretenden que as persoas participantes adquiran recursos e ferramentas útiles para o seu futuro desenvolvemento no mercado laboral e así conseguir a inclusión social e laboral.
Estas actuacións son complementarias co conxunto de actividades que realiza a Plataforma polo Emprego; estas están dirixidas a facilitar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social. Para alcanzar os obxectivos plantexados, a entidade conta con dúas canles ou áreas de traballo principais :
Área de Inserción sociolaboral e formación
Área de promoción de emprego e emprendemento.
CON QUE FIN?
- INTEGRACIÓN SOCIAL DAS PERSOAS PARTICIPANTES
- ADQUISICIÓN DE HÁBITOS SAUDABEIS DE VIDA
- ADQUISICIÓN DE RECURSOS PERSOAIS SOCIAIS PARA O DESENVOLVEMENTO DA VIDA DIARIA
- ADQUISICIÓN DE RECURSOS PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIOCULTURAL E LABORAL
- AMPLIACIÓN E FORTALECEMENTO DAS REDES DE PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS DE INCLUSIÓN
- INSERCIÓN SOCIOLABORAL DAS PERSOAS PARTICIPANTES
- MELLORAR A EMPREGABILIDADE DAS PERSOAS PARTICIPANTES
- MELLORAR A CALIDADE DE VIDA DOS E DAS PARTICIPANTES
- CONSOLIDACIÓN E FORTALECEMENTO DAS REDES ENTRE ENTIDADES E ADMINISTRACIÓNS
QUEN PODE PARTICIPAR?
As persoas que estean en situación de desemprego ou emprego precario e que non dispoñan de recursos socioeconómicos.