Programa EMERXENDO- ITINERARIOS DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPREGO, dende o 1 de maio de 2023 ata o 30 de abril de 2025

Programa  subvencionado conforme a ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).

DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN

Emerxendo, Itinerarios de inclusión e transición ao emprego, contempla o desenvolvemento de actuacións de itinerarios individualizados, personalizados e adaptados a cada persoa participante. Neste sentido, esta actuación contempla as actividades previas de diagnóstico, concreción do perfil profesional e optimización do CV para, finalmente, deseñar un itinerario personalizado de busca de emprego e/ou de carácter formativo. Complementariamente a isto, tamén se realizarán accións informativas e formativas para fortalecer as capacidades e habilidades persoais e sociais das persoas, dotalas de recursos para a busca de emprego en contornas dixitais (adestramento das TICs), información sobre dereitos laborais e inmigración e tarefas de acompañamento social e seguimento personalizado.

OBXECTIVO

  • Mellorar a empregabilidade das persoas participantes
  • Potenciar e mellorar a calidade de vida das persoas participantes
  • Favorecer a inserción sociolaboral das persoas participantes
  • Consolidar e fortalecer as redes entre entidades sociais e administracións públicas

QUEN PODE PARTICIPAR?

Tendo como referencia o artigo 3, sobre criterios para a valoración da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, identifícanse como perfil de persoas destinatarias aquelas persoas desempregadas ou en emprego precario en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social.