Programa EMERXENDO- ITINERARIOS DE INCLUSIÓN BÁSICA, dende o 1 de decembro de 2023 ata o 30 de abril de 2025
Programa subvencionado conforme a ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
Emerxendo-Itinerarios de Inclusión BÁSICA, contempla o desenvolvemento de actuacións de diagnóstico, de acompañamento e de capacitación de habilidades sociais e persoais. Neste sentido, esta actuación contempla as actividades previas de diagnóstico, concreción do perfil profesional e optimización do CV, complementadas coas tarefas de acompañamento social e fortalecemento das capacidades persoais e sociais. Da mesma maneira, ofrécense servizos formativos e informativos para capacitar e dotar ás persoas de recursos para a busca de emprego en contornas dixitais (adestramento das TICs) ou información sobre dereitos laborais e inmigración.
OBXECTIVO
- Favorecer a integración social das persoas participantes nos itinerarios
- Promover a adquisición de hábitos saudábeis de vida e recursos sociais e persoais para o desenvolvemento da vida diaria
- promover a adquisición de recursos para o desenvolvemento sociocultural e laboral
- Ampliar e fortalecer as redes de participación nas accións de inclusión
QUEN PODE PARTICIPAR?
Tendo como referencia o artigo 3, sobre criterios para a valoración da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, identifícanse como perfil de persoas destinatarias aquelas persoas desempregadas ou en emprego precario en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social (carencia de recursos socioeconómicos).