Que é unha Empresa de Inserción Laboral
Son estruturas produtivas (empresas)
Promovidas por organizacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da inclusión social e que se incorporan ao mercado producindo bens ou ofrecendo servizos contratando para elo a persoas en situación de exclusión ou risco de sufrila.
Son unha ferramenta de inclusión social
Xa que o seu fin social último non é o económico senón a integración das persoas en risco ou situación de exclusión no mercado laboral ordinario de traballo a través dun proceso temporal de aprendizaxe das habilidades técnicas dun posto e das habilidades básicas sociais e laborais.