Dentro do Programa “Compostela Convive” de 2022, imos impartir o curso de “Inmersión lingüística e adestramento nas novas tecnoloxías para a busca de emprego”, preferentemente para persoas migrantes desempregadas ou con empregos precarios. Do 18 ao 22 de abril de 2022, no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela.
Por medio desta formación queremos conseguir:
- Fomentar a intercomunicación coa cultura de acollida para facilitar a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral .
- Adquirir destrezas no uso das novas tecnoloxías, recursos persoais e sociais que axuden á empregabilidade.
OBXECTIVO:
Formación en habilidades sociais por medio da inmersión linguística coa utilización das novas tecnoloxías para o emprego.
CONTIDO:
- Adestramento e práctica no uso das novas tecnoloxías
- Inmersión lingüística para o desenvolvemento da vida diaria
- Preparacion básica competencia clave nivel 2 en Lingua galega
- Dereitos laborais e busca de emprego
- Habilidades para a busca de emprego
- Igualdade de oportunidades
Actividade subvencionada pola Concellaría de Políticas Sociais e Saúde. UAMI Concello de Santiago de Compostela.