Consulte a nosa política de privacidade
FORMACIÓN TÉCNICA
Neste ámbito, a Plataforma polo Emprego trata de ofrecer a oportunidade á rede de entidades coa que se traballa a Técnicos que traballan no eido do social e á cidadanía en xeral , espazos de debate e reflexión dos dispositivos e recursos, de actuacións no eido dos servizos sociais así como, plantexar actuacións innovadoras de loita contra a exclusión social
FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Accións para a adquisición dunha formación socioprofesional
Dende o punto de vista dos colectivos de persoas coas que traballamos dende a Plataforma, algunhas das cuestións básicas que aportamos no referente a estrutura das accións formativas serían as seguintes:
Preparación para as probas das competencias clave, necesarias para ter acceso a cursos AFD con certificado de profesionalidade e tamén para poder presentarse ás convocatorias dos certificados.
Adaptación do contido curricular do curso de cara a que sexa máis efectivo no acceso ao emprego e ás características do colectivo beneficiario do curso, é dicir, reprogramamos a temporalidade dos contidos para facelos máis adaptables.
Adestramento en habilidades sociais e novas tecnoloxías para a busca de emprego e laborais básicos para a inserción sociolaboral complementarios cos contidos profesionais
Igualdade de oportunidade e transversalidade de xénero en todas as actuacións
Inmersión e competencia lingüística de correcto uso do galego relacionado co contido específico do curso.
Os contidos profesionais baséanse nos módulos formativos dos certificados de profesionalidade.
Despois das accións formativas pásase á inserción laboral que son servizos específicos de orientación laboral, antes mencionados. As persoas en itinerarios de inserción laboral precisan ter a experiencia de que a formación axuda de verdade a acceder a un emprego.