Programa INSIRE-ITINERARIOS DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPREGO, dende o 12 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024

Programa subvencionado conforme a ORDE do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a rendas persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellaría de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D)

DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN

INSIRE contempla o desenvolvemento de actuacións de diagnóstico; a formación individual e grupal presencial para o fortalecemento de capacidades, con actuacións a nivel educativo, saúde e vivenda en coordinación cos Servizos Sociais e demais recursos para atender eventuais atrancos relacionados con circunstancias socio-familiares limitantes a nivel laboral; a formación presencial nos recursos sociais e de busca de emprego por medios dixitais; o adestramento personalizado en habilidades sociais e igualdade de xénero; accións promotoras de acceso e permanencia no mercado laboral, con acompañamento profesional e intermediación laboral, así como formación no que podan precisar en relación ao seu perfil profesional; información e asesoramento en materia de relacións laborais e regularización de situacións de migración; todo isto con accións tamén de seguimento de itinerarios así como en postos de traballo.

OBXECTIVOS

Dotar de recursos persoais para o deservolvemento sociocultural e laboral das persoas atendidas

Dotar de competencias dixitais seguras e adaptadas aos recursos das e dos participantes

Mellorar a empregabilidade das persoas participantes

Promover a formación socioprofesional

Fortalecer as redes entre entidades e administracións

Reforzar a intermediación laboral

QUEN PODE PARTICIPAR?

Tendo como referencia o artigo 3, sobre criterios para a valoración da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, identifícanse como perfil de persoas destinatarias aquelas persoas desempregadas ou en emprego precario en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social.

PROGRAMA INSIRE