Programa CABO DELA-FOMENTO DO APODERAMENTO E A CAPACITACIÓN PROFESIONAL DAS MULLERES, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña. Do 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2024, desenvolvemos os Itinerarios de adestramento e habilidades para a busca de emprego e apoderamento persoal, está dirixido a mulleres en risco de exclusión social co obxecto de facilitar a súa inserción socio laboral.
A metodoloxía de traballo será personalizada en relación ás necesidades das persoas participantes das accións.
O proxecto divídese en dúas fases e todas as persoas participantes pasarán polas dúas primeiras fases do programa que son as seguintes:
1-Entrevista inicial e deseño do itinerario de inserción socio laboral
2- Tratamento adecuado e personalizado das circunstancias sociofamiliares e persoais; saúde e vivenda que poidan interferir na súa formación e na busca de emprego.
Segundo as necesidades, realizaranse acompañamentos para a adquisición de recursos persoais e sociais. A atención será centralizada nas necesidades que vaian xurdindo.