A memoria de actividades do ano 2022 inclúe as actividades de Orientación e Inserción Socio laboral, Formación socioprofesional, Promoción do Emprego e Emprendemento, que inclúe a Empresa de Inserción Laboral propia, (Compostela Inserta EIL, S.L), Sensibilización Social, Promoción e Actuacións en Rede. En números moi sintéticos: 907 persoas participantes; 156 insercións, 112 mulleres e 44 homes; 14 proxectos titorizados e asesorados de emprendemento e  3 empresas constituídas ; Tamén titorizamos e desenvolvemos a empresa de Inserción Laboral Compostela Inserta EIL S.L. que contou ao longo do ano con 8 traballadoras e traballadores.