• ORIENTACIÓN E INTERMEDIACIÓN

A Área de Orientación e Inserción Sociolaboral ten como finalidade desenvolver accións destinadas á inserción sociolaboral das persoas que solicitan a nosa colaboración.

En xeral o servizo está aberto a todas as persoas que estean desempregadas ou que precisen mellorar a súa situación laboral, principalmente persoas ás que pola súa idade, a súa formación, o seu xénero ou a súa orixe cultural  lles resulte máis difícil o acceso a un posto de traballo.

O noso servizo presta unha atención máis especifica a aquelas persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social ou con dificultade á hora de inserirse laboralmente.

Para persoas desempregadas o principal problema é a dificultade á hora de desenvolverse no mercado laboral polas circunstancias sociofamiliares e económicas nas que viven, por ser persoas que sofren a falta de emprego  de longa duración, por non ter valoradas as súas competencias profesionais polo mercado laboral.

INTERMEDIACIÓN CO MERCADO LABORAL

Servizo de intermediación laboral entre as empresas e as persoas demandantes de emprego.

Ofrecemos ás pequenas e medianas empresas de Santiago de Compostela e a súa Comarca:

  • Un servizo de persoal rápido e axeitado ao perfil solicitado pola empresa.
  • Un servizo de seguimento personalizado das persoas contratadas e das demandas da empresa colaboradora.