“PROGRAMA ESTEO 2023″, imos desenvolver as accións grupais durante o mes de xullo, no C.S.C. de Fontiñas Rúa Berlín 13 15707 Santiago de Compostela. A distribución grupal é en función dos obxectivos persoais, características persoais e motivacionais, elementos de complementación posibles sinerxías entre as persoas compoñentes do grupo.

OBXECTIVOS:

Crear e apoiar a equipos de persoas en situación de desemprego, en risco de ex­clusión social, para que ao traveso de distintas ferramentas de traballo grupal e individual, orientación, información, formación, actividades terapéuticas…) se capaciten e fortalezan para a inserción sociolaboral.

Dirixido preferentemente a persoas en situación de desemprego e vulnerabilidade ou con emprego precario.

CONTIDOS:

  • Obxectivo profesional e/ou laboral.
  • Identificación e análise do perfil profesional das e dos participantes que os levará a definir e establecer itinerarios formativos e profesionais individualizados.
  • Adquisición de ferramentas psicosociais, persoais e profesionais dentro do marco grupal.
  • Adquisición e actualización nas técnicas e recursos para a procura de emprego.
  • Apoio técnico especializado: individual e grupal para o cambio de actitudes.
  • Adquisición de recursos para detectar novos xacementos de emprego.
  • Preparación e motivación para ofertas de emprego axeitadas ao perfil profesional.

*Actividade financiada pola FUNDACIÓN JOSÉ OTERO-CARMELA MARTÍNEZ