Dende a Plataforma Polo Emprego imos levar a cabo neste mes de xullo o “PROXECTO ESTEO 2021” CAPACITAR E FORTALECER PARA A INSERCIÓN SOCIOLABORAL.
OBXECTIVOS:
Crear e apoiar a equipos de persoas en situación de desemprego, co manexo de distintas ferramentas de traballo grupal e individual para capacitar e facer máis doada a súa inserción sociolaboral.
DESTINATARIOS/AS:
Persoas en situación de desemprego e vulnerabilidade ou con emprego precario.
CONTIDOS:
- Obxectivo profesional e/ou laboral.
- Identificación e análise do perfil profesional das e dos participantes que os levará a definir e establecer itinerarios formativos e profesionais individualizados.
- Adquisición de ferramentas psicosociais, persoais e profesionais dentro do marco grupal.
- Adquisición e actualización nas técnicas e recursos para a procura de emprego.
- Apoio técnico especializado: individual e grupal para o cambio de actitudes.
- Adquisición de recursos para detectar novos xacementos de emprego.
- Preparación e motivación para ofertas de emprego axeitadas ao perfil profesional.