O Proxecto COMPOSTELA CONVIVE, subvencionado pola UAMI. Concello de Santiago, ten como finalidade:
-A promoción da interculturalidade en xeral de todas aquelas persoas que estean desempregadas ou que precisen mellorar a súa situación sociolaboral, prestando unha atención máis específica a aquelas persoas migradas que se atopan en situación ou risco de exclusión social ou con especial dificultade á hora de inserirse social e laboralmente.
-Promover a convivencia e a inmersión sociocultural na sociedade galega de acollida.
-Fortalecer a cohesión grupal e as redes entre participantes para aumentar a confianza nos recursos persoais e comunitarios para facer frente colectiva diante da situación socioeconómica de crise que estamos a vivir.
OBXECTIVO XERAL: Mellorar a situación sociolaboral e sociocultural das persoas destinatarias do proxecto.
Unha das actividades do COMPOSTELA CONVIVE 2022, é Titorías personalizas para o apoio na busca de emprego, ten como OBXECTIVO:
- Adquisición dos recursos básicos para o emprego.
- Adquisición de habilidades sociais básicas para a busca de emprego.
Dirxido principalmente a 20 persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario de 16 ata 60 anos.
Dende o 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2022.