A Plataforma polo Emprego forma parte do PACTO LOCAL POLO EMPREGO DO CONCELLO DE SANTIAGO, dende o seu inicio no ano 2006; este 28 de febreiro de 2024 vimos de asinar o V Pacto Local polo Emprego.

O Concello de Santiago asinou o V Pacto Local polo Emprego con representantes da Universidade, a Cámara de Comercio, a Asociación Empresarial do Tambre, Hostelería Compostela, Hostalaría.gal, a Plataforma polo Emprego, e os sindicatos UXT e Comisións Obreiras. A firma correu a cargo de Xan Duro, concelleiro de Promoción Económica en funcións en substitución da responsable do departamento, María Rozas. O edil salientou que “o documento aprobado hoxe é unha folla de ruta para avanzar cara o modelo produtivo e laboral que queremos, e para facelo da man e de maneira colaborativa entre todos os axentes implicados, comezando polo propio Concello”. Nese sentido, Duro agradeceu o compromiso de todas as entidades asinantes “cun documento que pón o foco nos colectivos máis vulnerables e con máis dificultades para o acceso e o mantemento do emprego”.

PRINCIPIOS TRANSVERSAIS:

  1. Pleno emprego decente, de calidade e produtivo.
  2. Desenvolvemento inclusivo e sostible.
  3. Fomento da igualdade de xénero.
  4. Transformación social e concertación.
  5. Innovación, dixitalización e transición a unha economía verde.
  6. Transparencia e bo goberno.

LIÑAS ESTRATÉXICAS:

LIÑA1- Apoiar ás persoas para o emprego.

LIÑA2- Impulsar o desenvolvemento económico e o emprego.

LIÑA3- Transición do modelo produtivo cara a sostebilidade, o emprego e o ben común.

LIÑA4- Rede de Axentes e Colaboración público-privada.