Dende a Plataforma Polo Emprego imos levar a cabo ao longo do mes de decembro, a actividade “WORKSHOP COLABORATIVO” para a procura de emprego.

OBXECTIVOS:

Crear e apoiar a equipos de persoas en situación de desemprego, co manexo de distintas ferramentas de traballo grupal e individual para capacitar e facer máis doada a súa inserción sociolaboral.

DESTINATARIOS/AS:

Persoas en situación de desemprego e vulnerabilidade ou con emprego precario.

CONTIDOS:

-Obxectivo profesional e/ou laboral

-Identificación e análise do Perfil profesional das e dos participantes que os levará a definir e establecer itinerarios formativos e profesionais individualizados.

-Adquisición de Ferramentas psicosociais, persoais e profesionais dentro do marco grupal.

-Adquisición e actualización nas técnicas e recursos na procura de emprego:

Comunicación

Intelixencia emocional

Branding

Mapa de Empregabilidade

New Job: Emprego 3.0

-Apoio, técnico especializado, individual-grupal para o cambio de actitudes:

Coaching & Mentoring

Fortalecemento persoal e grupal ou Empowerment

Resolución de conflitos

Xestión do estrés 

-Prospección de ofertas

Networking

-Preparación e motivación para ofertas concretas con estratexias específicas

Gamificación & Traininng

PARA INSCRIBIRSEPREME AQUÍ. Páxina da Axencia Local de Colocación do Concello de Santiago.