A Plataforma polo Emprego, no marco do programa “EMERXENDO_PRE_COMPETENCIAS CLAVE 2”, pon en marcha un curso de preparación das Competencias Clave de nivel 2 (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá), en colaboración cos Equipos de Inclusión da Xunta de Galicia.
Esta formación adaptada impartirase na localidade de Noia, na Casa da Cultura de Noia (Rúa Luis Cadarso, 6. Noia), en horario de 9:00 a 14:00 horas. Desenvolverase de luns a venres, entre o 4 e o 15 de maio de 2026.
O inicio da acción formativa terá lugar o luns 4 de maio de 2026.
Se queres obter máis información sobre as competencias clave, preme aquí.







