• EMPRENDEMENTO

A Asociación Plataforma polo Emprego dispón dun Servizo de Apoio ao Emprendemento que presta a través dun Axente de Emprego que pertence á Rede de Técnicos da Xunta de Galicia.

Neste servizo lévanse a cabo tanto actividades formativas coma actividades informativas, orientación, asesoramento e acompañamento de todo proxecto empresarial, incluíndo un acompañamento durante os primeiros pasos das empresas unha vez que se chega á posta en funcionamento.

Trátase  dun servizo  totalmente  personalizado, sempre  en  función  da  demanda  dos  participantes e das súas necesidades específicas, no que a entidade  pon a disposición das persoas emprendedoras, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento, consolidación e crecemento das súas empresas.

A Asociación Plataforma polo emprego é unha entidade colaboradora de Microbank (La caixa) respaldando os proxectos viables na consecución de microcréditos para a posta en marcha do  negocio.