Este sábado 21 de xuño ás 17h o espazo migrante e antirracista Casa Comunitaria Aluandê (R/ Cancelas, 77, baixo) acolle un dos faladoiros-encontros interculturais que compoñen o Programa Compostela Convive 2025.

tratase dunha actividade dirixida a coñecerse e conversar sobre a acollida que reciben as persoas migrantes en Santiago de Compostela, compartir os puntos positivos, negativos, necesidades, expectativas, propostas e recursos relevantes. Todo co fin de partillar información útil e ao mesmo tempo facer un apañado xeral sobre a percepción das persoas que se asentan no territorio para se poida derivala as instancias que correspondan e así tratar de mellorar a atención que se lles brinda.

Pódese chegar facilmente en bus urbano tomando a Liña 4 dirección As Cancelas (frecuencia de paso cada 30 minutos), é a última parada. Outros autobuses con máis frecuencias que chegan cerca do espazo: Liña 1 dirección Cemiterio de Boisaca (parada no Mc Donalds), Liña 11 circular (parada en Centro Comercial As Cancelas). Liña 6 con parada en Avenida Rodríguez Viguri (a uns 10 min do espazo). O espazo está pintado por fóra cun mural de cores vivas, é facilmente recoñecible e ten timbre para entrar.

Esta actividade é de balde e está financiada pola UAMI – Concello de Santiago.

LOCALIZACIÓN DO ESPAZO