Este xoves 26 de xuño ás 17h no CSC do Ensanche terá lugar máis un conversatorio do Programa Compostela Convive 2025. Desta volta falaremos sobre a convivencia intercultural na cidade xunto a axentes chave de diferentes comunidades migrantes.
Esta actividade é aberta, de balde e está financiada pola UAMI e o Concello de Santiago.