Dentro do Programa ACHEGANDO, imos impartir o curso “INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL-COMPOSTELA”. Esta acción formativa vai dirixida principalmente ao colectivo de persoas inmigrantes co fin de promocionar a integración sociolaboral dos e das participantes da área de influencia do concello de SANTIAGO DE COMPOSTELA.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:
- ACHEGAMENTO SOCIAL E CULTURAL Á SOCIEDADE DE ACOLLIDA
- ADQUISICIÓN DE RECURSOS SOCIAIS E DIXITAIS PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIAL E LABORAL
- INTEGRACIÓN SOCIAL E FOMENTO DA PERMANENCIA NO MERCADO LABORAL DA POBOACIÓN MIGRANTE
CONTIDOS:
- Competencia dixital: 5 horas
- Módulo de competencia lingüística: 10 horas
- Habilidades sociais para a busca de emprego por medio das TIC e igualdade: 10 horas
- Coñecemento da sociedade de acollida, relacións laborais e estranxería: 10 horas