A Plataforma polo Emprego, en colaboración co Concello de Santiago de Compostela e no marco das actividades do Pacto Local polo Emprego, vai desenvolver o curso:

Inmersión Lingüística e Habilidades Dixitais

Trátase dunha acción formativa dirixida principalmente a persoas migrantes, co obxectivo de favorecer a súa integración sociolaboral na área de influencia do Concello de Santiago de Compostela.

Data: 10 ao 27 de xuño de 2025 (14 días)
Duración: 70 horas
Horario: 9h a 14h
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago (VITE)
Destinatarias/os: Persoas migrantes desempregadas ou en situación de emprego precario, que se atopen en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social

Obxectivos da formación

  • Favorecer a interacción coa cultura local, promovendo a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral
  • Fomentar o desenvolvemento de competencias dixitais mediante o uso de ferramentas tecnolóxicas aplicadas á procura de emprego

Obxectivos específicos:

  • Facilitar o achegamento á lingua e á cultura da sociedade de acollida
  • Promover a adquisición de recursos sociais e dixitais para o desenvolvemento persoal e profesional
  • Acompañar o proceso de acollida das persoas migrantes a través do coñecemento da contorna social e cultural
  • Impulsar a integración e a continuidade das persoas participantes no mercado laboral

Contidos formativos:

  1. Aprendizaxe das linguas oficiais de Galicia aplicada ao día a día
  2. Competencias dixitais para o mundo actual
  3. Habilidades sociais e comunicación efectiva
  4. Ferramentas modernas para a busca de emprego
  5. Manexo da tecnoloxía aplicada ao emprego
  6. Aplicacións dixitais para a vida diaria
  7. Módulo trasversal: Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes

Esta actividade enmárcase no PACTO LOCAL POLO EMPREGO do Concello de Santiago de Compostela