• EMPRENDEMENTO

A Asociación Plataforma polo Emprego dispón, a través da Área de Promoción de Emprego e Emprendemento, dun Servizo de Apoio ao Emprendemento que presta a través dun Axente de Emprego que pertence á Rede de Técnicos da Xunta de Galicia. Neste servizo preténdese fomentar o espírito emprendedor e asesorar ás persoas promotoras de proxectos empresariais, acompañándoas na elaboración do seu plan de empresa.

Neste servizo lévanse a cabo tanto actividades formativas coma actividades informativas, orientación, asesoramento e acompañamento de todo proxecto empresarial, incluíndo un acompañamento durante os primeiros pasos das empresas unha vez que se chega á posta en funcionamento.

Trátase  dun servizo  totalmente  personalizado, sempre  en  función  da demanda dos participantes e das súas necesidades específicas, no que a entidade pon a disposición das persoas emprendedoras, medios humanos e materiais para axudalos no desenvolvemento, consolidación e crecemento das súas empresas.

Durante o ano 2022, o servizo acolleu un total de 54 consultas, prestando asesoramento a 17.

A Asociación Plataforma polo emprego respalda os proxectos viables na consecución de microcréditos para a posta da marcha do negocio, e para iso forma parte como entidade colaboradora de Microbank, o servizo de microcréditos de CaixaBank.