A memoria inclúe as actividades de Orientación e Inserción Socio-laboral, Formación socioprofesional, Promoción do Emprego e Emprendemento, que inclúe a Empresa de Inserción Laboral propia, (Compostela Inserta EIL, S.L), Sensibilización Social, Promoción e Actuación en Rede.
En números moi sintéticos ao longo de 2018: 950 persoas participantes das accións da entidade, 96 Insercións no mercado laboral, 80 de formación en Competencias Clave, 34 beneficiarias de 3 accións de formación socioprofesional, 40 accións de asesoramento e orientación de Emprendemento, 396 accións de orientación para a busca de emprego, 16 participantes nos equipos de busca de emprego colaborativo (Programa ESTEO); aprox. 85 persoas atendidas nas actividades do Talentia 2018. A isto debemos engadir, 20 proxectos de emprendemento asesorados e 3 empresas constituídas. Tamén titorizamos e desenvolvemos a empresa de inserción laboral Compostela Inserta EIL S.L.