O día domingo 10 de setembro do 2023, tivo lugar a novena edición do FESTIVAL INTERCULTURAL DA ALAMEDA, actividade cultural que forma parte do programa “Compostela Convive”, accións destinadas á inserción sociolaboral e a promoción da interculturalidad, subvencionada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude – UAMI.

O evento realizouse no paseo central da Alameda de Santiago, de 13:30 a 18:00 hs. e contou con representantes das comunidades de Paraguai, Colombia, Ecuador, Venezuela e Rca. Dominicana, Perú e como país convidado, Senegal.

Houbo degustación de comidas típicas tradicionais dos países participantes e do mesmo xeito que anos anteriores tamén, actuacións musicais e outras actividades culturais.  Previa ao festival, o sábado 9 de setembro, no Centro sociocultural de Fontiñas, tiveron lugar uns Obradoiros de cociña tradicional de Perú e Colombia con posterior degustación.

A alcaldesa Goretti Sanmartín, inagurou o evento xunto á concelleira de Servizos e Dereitos Sociais, María Rozas,  os edís populares María Baleato e Borja Rubio, membros da Plataforma e Foro de inmigración, a alcadesa comprometeuse a darlle continuidade a este festival, porque é “magnífico podermos gozar non só un día senón tamén das actividades que facedes polos barrios, levar á sociedade compostelá os vosos costumes”. Pois en palabras de Sanmartín, “aquilo que non se coñece non pode amarse, non pode formar parte de nós”.

PREME PARA VER NOVAS DE PRENSA:

EL CORREO GALLEGO

LA VOZ DE GALICIA