A Memoria de Actividades do ano 2024 recolle o conxunto de accións desenvolvidas pola Plataforma polo Emprego ao longo do exercicio, estruturadas nos seguintes eixes de intervención: Orientación e Inserción Sociolaboral, Formación Socioprofesional, Promoción do Emprego e do Emprendemento —incluíndo a Empresa de Inserción Laboral propia, Compostela Inserta EIL, S.L.—, Sensibilización Social, así como Promoción e Actuacións en Rede.
[Ver Memoria de Actividades 2024]
Esta memoria reflicte o compromiso da entidade coa mellora da empregabilidade, a inclusión social e a xeración de oportunidades laborais para colectivos en situación de vulnerabilidade, nun marco de traballo colaborativo e sostible.