O día 11 de febreiro, reunímonos co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o técnico municipal responsable da área de Emprego, Xabier Ferreiro.
Nesta xuntanza renovamos o compromiso de colaboración entre o concello e a nosa entidade. As distintas actividades que xa se viñan levando a cabo, e que terán continuidade, enmárcanse dentro do Programa “Compostela Convive” e o “Pacto Polo Emprego” .
O encontro serviu para reafirmar o compromiso municipal de colaboración coa Plataforma Polo Emprego, a través de convenios relacionados con colectivos de difícil inserción laboral e con poboación migrante.
Dende a Plataforma, seguiremos traballando tamén cos distintos departamentos municipais, en cuestións como as reservas de mercado para a empresa de inserción laboral “Compostela Inserta E.I.L.” da que somos promotoras.