O Programa Compostela Convive dentro da xornadas interculturais, vai realizar un coloquio ao redor do libro Hermanito, de Ibrahima Balde e Amets Arzallus.

A libraría NUMAX acollerá o venres, día 18 de xullo ás 19:00 hs., a presentación de Hermanito, unha obra que conta como Ibrahima, o seu protagonista, parte do seu país de orixe, Guinea, na procura do seu irmán pequeno. O seu miñán, presa do soño europeo, desaparece e consigue ser localizado en diferentes puntos aos que Ibrahima vai chegando uns pasos por detrás. O duro periplo deriva na súa chegada a España, momento onde Ibrahima e Amets se coñecen, a través do traballo como voluntario deste último na Irungo Harrea Sarea.

A presentación dará comezo ás 19:00h e  o acceso é libre até completar o aforo da libraría. O coloquio contará coa presenza de Amets quen, ademais de acompañar a Ibrahima na súa chegada a Esukadi, é a persoa que pon sobre o papel a súa historia.

Miñan é o título da obra orixinal –en euskera–, publicada por Susa Editorial e máis tarde traducida ao castelán por Ander Izagirre (Blackie Books) e pao galego por Garbiñe Ugarte Grazianteparaluzeta (Rinoceronte Editora).

As xornadas están organizadas pola Plataforma polo Emprego e financiadas pola UAMI -Concello de Santiago, no marco do programa Compostela Convive. O conxunto de actividades aborda diferentes áreas -teatro, literatura e gastronomía- co obxectivo de poñer en valor a importancia de crear espazos diversos e libres de prexuízos, que sexan por si mesmos altofalantes á hora de visibilizar diferentes contextos culturais.