O Programa Esteo 2026 constitúe un espazo de acompañamento, capacitación e apoio dirixido a persoas en situación de vulnerabilidade social ou risco de exclusión, co obxectivo de favorecer a súa inserción sociolaboral a través dun proceso grupal participativo e individualizado.

Este programa nace da necesidade de crear redes de apoio e motivación entre persoas en procura activa de emprego, promovendo o desenvolvemento de competencias persoais, sociais e profesionais que faciliten o acceso ao mercado laboral. A través dunha metodoloxía activa, flexible e centrada na persoa, combínanse accións grupais e intervencións individualizadas que permiten reforzar a autonomía, a confianza e a capacidade de adaptación ás demandas actuais do emprego.

OBXECTIVOS

  • Crear espazos de apoio grupal que reforcen a motivación, a participación e o desenvolvemento persoal.
  • Potenciar as competencias persoais, sociais e profesionais das persoas participantes para mellorar a súa empregabilidade.
  • Promover a autonomía na procura activa de emprego a través do coñecemento de ferramentas, recursos e técnicas actualizadas.
  • Facilitar procesos individualizados de acompañamento adaptados ás necesidades e obxectivos profesionais de cada persoa.

PERSOAS DESTINATARIAS

O programa está dirixido preferentemente a persoas en situación de desemprego, vulnerabilidade social, precariedade laboral ou con dificultades de acceso ao mercado de traballo.

CONTIDOS

  • Identificación e análise das competencias, capacidades e perfil profesional das persoas participantes.
  • Desenvolvemento de habilidades persoais, sociais e profesionais no marco do traballo grupal.
  • Mellora das competencias para a procura activa de emprego e actualización de técnicas e recursos.
  • Apoio técnico individual e grupal orientado ao fortalecemento da autoestima, motivación e cambio de actitudes.
  • Información sobre recursos, sectores emerxentes e novas oportunidades laborais.
  • Preparación para procesos de selección e intermediación laboral adaptada aos perfís profesionais das persoas participantes.

*Actividade financiada pola FUNDACIÓN JOSÉ OTERO-CARMELA MARTÍNEZ