A Memoria de Actividades 2025 presenta unha visión global do traballo realizado por Plataforma polo Emprego ao longo do ano, recollendo as principais actuacións impulsadas pola entidade nas diferentes áreas de intervención. O documento estrutúrase arredor dos ámbitos de Orientación e Inserción Sociolaboral, Formación Socioprofesional, Promoción do Emprego e do Emprendemento —incluíndo a actividade desenvolvida por Compostela Inserta EIL, S.L., Sensibilización Social e Traballo en Rede.
[Ver Memoria de Actividades 2025]
Ao longo destas páxinas reflíctese o esforzo continuado da entidade por favorecer a inclusión social e laboral das persoas con maiores dificultades de acceso ao emprego, promovendo itinerarios de acompañamento, oportunidades de capacitación e iniciativas de colaboración con axentes públicos e privados do territorio.








