O PROGRAMA ESTEO componse dunha serie de actividades destinadas á intervención na busca de emprego cun grupo de persoas en situación de vulnerabilidade social ou risco de exclusión social. Xurde da idea de crear e apoiar ao grupo constituído a través da capacitación para a inserción laboral, dotándolles de ferramentas de traballo individual e grupal que inclúen actividades de desenvolvemento persoal, orientación, información, asesoramento e apoio nun sistema aberto e dinámico e empregando unha metodoloxía proactiva, na que o apoio do grupo, xunto coas accións de asesoramento e guía das profesionais da Plataforma polo Emprego, son un factor clave.

OBXECTIVOS:

Crear e apoiar a equipos de persoas en situación de desemprego e en risco de exclusión social, a través do uso de ferramentas de traballo grupal e individual (adestramento e apoio persoal, orientación, información e formación) para capacitar e facilitar a súa inserción sociolaboral.

Dirixido preferentemente a persoas en situación de desemprego e vulnerabilidade ou con emprego precario.

CONTIDOS:

  • Obxectivo profesional e/ou laboral
  • Identificación e análise do perfil profesional das persoas participantes que as levará a definir e establecer itinerarios formativos e profesionais individualizados
  • Adquisición de ferramentas psicosociais, persoais e profesionais dentro do marco grupal
  • Adquisición e actualización nas técnicas e recursos para a procura de emprego
  • Apoio técnico especializado: individual e grupal para o cambio de actitudes
  • Adquisición de recursos para detectar novos xacementos de emprego
  • Preparación e motivación para ofertas de emprego axeitadas ao perfil profesional

*Actividade financiada pola FUNDACIÓN JOSÉ OTERO-CARMELA MARTÍNEZ