Dentro do Programa “Compostela Convive” de 2024, programamos para o sábado 15 de xuño, a xornada/encontro “ Emprego do fogar e autocoidados”. Unha das principais novidades é a información/presentación do portal dixital Importass da Seguridade Social, guía práctica do emprego de fogar, simulador de cotas, etc.
Dirixido prioritariamente a persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario. Esta proposta é para ter un espazo de encontro onde coñecer e compartir experiencias de compañeiras diversas, migradas e/ou racializadas, para contribuír a visibilizar sobre a realidade intercultural no concello de Santiago.
Actividade subvencionada pola Unidade de Atención ás Migracións ( UAMI ) do Concello de Santiago de Compostela.
Enlace páxina UAMI_Unidade de Atención ás Migracións. Concello de Santiago