A Plataforma Polo Emprego participou na Mesa Polo Emprego que se reuniu hoxe martes no Pazo de Raxoi, presidida pola Concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para aprobar as actividades que se desenvolverán ao longo deste ano no marco da Estratexía de Emprego do Concello de Santiago para o período 2016-2020.
As accións formativas que vai levar a cabo a Plataforma son: curso de condutor/a de carreta elevadora, informática básica e habilidades sociais para a busca de emprego, así como titorías personalizadas e grupos colaborativos de inserción.