Dentro do Programa  CABO DELA, imos desenvolver o curso “IDIOMAS PARA ATENCIÓN AO CLIENTE”, con esta formación queremos mellorar a empregabilidade das persoas participantes, de cara a este ano (Xacobeo 2022) tan significativo na cidade de Santiago de Compostela, no que unha das principais actividades económicas xira en torno ao turismo e ó sector servizos.

OBXECTIVO:

  • Desenvolver os procesos de comprensión e expresión tanto oral como escrita para a mellora da empregabilidade na atención ao cliente en linguas estranxeiras.

CONTIDOS:

-Presentación e datos persoais. Fórmulas de cortesía. Cómo recibir clientes.

-Documentación e vocabulario específico.

-Vendas e reclamacións. Como ofrecer un produto.

-Tipos de establecementos. Como indicar unha dirección.

-Cobros e devolucións. Fórmulas de desculpa.

-Atención persoal – Atención telefónica.

-Igualdade de xénero.

-Avaliacións.