Dentro do Programa ACHEGANDO, imos impartir o curso “INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL-AMES”. Esta acción formativa desenvólvese en colaboración co Equipo de Inclusión Social de Ames do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, e vai dirixida principalmente ao colectivo de persoas inmigrantes co fin de promocionar a integración sociolaboral dos e das participantes da área de influencia do concello de AMES.

OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

  • ACHEGAMENTO SOCIAL E CULTURAL Á SOCIEDADE DE ACOLLIDA
  • ADQUISICIÓN DE RECURSOS SOCIAIS E DIXITAIS PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIAL E LABORAL
  • INTEGRACIÓN SOCIAL E FOMENTO DA PERMANENCIA NO MERCADO LABORAL DA POBOACIÓN MIGRANTE

CONTIDOS:

  1. Competencia dixital: 5 horas
  2. Módulo de competencia lingüística: 7 horas
  3. Habilidades sociais para a busca de emprego por medio das TIC e igualdade: 6 horas
  4. Coñecemento da sociedade de acollida, relacións laborais e estranxería: 7 horas
INMERDIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL-AMES