Dentro do Programa ACHEGANDO, imos impartir o curso “INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL-ARZÚA”. Esta acción formativa desenvólvese en colaboración co Equipo de Inclusión Social de Arzúa do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, e vai dirixida principalmente ao colectivo de persoas inmigrantes co fin de promocionar a integración sociolaboral dos e das participantes da área de influencia do concello de ARZÚA.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:
- ACHEGAMENTO SOCIAL E CULTURAL Á SOCIEDADE DE ACOLLIDA
- ADQUISICIÓN DE RECURSOS SOCIAIS E DIXITAIS PARA O DESENVOLVEMENTO SOCIAL E LABORAL
- INTEGRACIÓN SOCIAL E FOMENTO DA PERMANENCIA NO MERCADO LABORAL DA POBOACIÓN MIGRANTE
CONTIDOS:
- Competencia dixital: 5 horas
- Módulo de competencia lingüística: 7 horas
- Habilidades sociais para a busca de emprego por medio das TIC e igualdade: 6 horas
- Coñecemento da sociedade de acollida, relacións laborais e estranxería: 7 horas