A Plataforma vai levar a cabo dentro do Programa ACHEGANDO, o curso “INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL

OBXECTIVOS:

-Achegamento social e cultural á sociedade de acollida.
-Adquisición de recursos para o desenvolvemento social e laboral.
-Integración social e inserción laboral das persoas participantes.
-Promoción da convivencia para o fortalecemento social e a interculturalidade.

NECESIDADE SOCIAL E CARÁCTER INNOVADOR:

Aproximadamente 45 % das persoas participantes nas accións de inserción sociolaboral da Plafaforma polo Emprego son doutras nacionalidades, é necesario implementar proxectos que incidan na integración e achegamento sociocultural das persoas migrantes.

O proxecto  ten como finalidade desenvolver accións destinadas á inserción sociolaboral e á promoción da interculturalidade en xeral de todas aquelas persoas que estean desempregadas ou que precisen mellorar a súa situación sociolaboral, prestando unha atención máis específica a aquelas persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social ou con especial dificultade á hora de inserirse social e laboralmente, este proxecto está dirixido á poboación migrante e á cidadania en xeral. Por medio da actividade formativa que se indica, que consiste en accións que promoven a convivencia e a inmersión sociocultural na sociedade galega de acollida na que se atopan.

A actuación compleméntase co conxunto de actividades que realiza a Plataforma orientadas a facilitar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social. A entidade ten dúas áreas de traballo principais:

Área de Inserción Sociolaboral e Área de Promoción de Emprego e Emprendemento.

O programa intégrase dentro destas dúas áreas principais e vai dirixido, con prioridade ás persoas migrantes que se atopan ou están en risco de exclusión social.

CONTIDOS: 

-Habilidades sociais para a busca de emprego por medio das TIC e Igualdade.

-Módulo de competencia lingüística.

-Coñecemento da sociedade de acollida, relacións laborais e estranxería.

Achegando Inmersión lingülistica e cultural 1