Dentro do Programa CABO DELA, subvencionado pola Deputación Da Coruña, desenvolveranse  actividades formativas capacitativas e de acompañamento para a procura de emprego.

OBXECTIVO XERAL:

Facilitar a inserción sociolaboral das mulleres que polo contexto social e/ou familiar se atopen en risco ou situación e exclusión social.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

-Execución de itinerarios personalizados de inserción laboral.

-Capacitación profesional  das mulleres para facilitar o acceso ao emprego , (Apoio ás xestións cotiás das perdoas dependentes no domicilio).

-Mellorar a empregabilidade  mediante accións formativas que dan acceso á formacion con certificado de profesionalidade  (competencias clave nivel 2).

– Formación  para promoción da igualdade de xénero en todos os contextos da vida (familiar, persoal, laboral e social) que se xeito transversal se incorporará en todas as actividades do programa.

– Minorización das circunstancias que dificultan a inserción laboral (mellora da vivenda, saúde, conciliación familiar e laboral…) por medio do traballo en rede (coordinación social).

-Reforzamento  e mellora dos dispositivos de inserción socio laboral nas zonas de influencia das actividades.

-Adquisición de capacidades,  recursos e  destrezas  para o fortalecemento persoal e profesional das mulleres