Dentro do Programa “Compostela Convive”, imos impartir o curso de “Inmersión lingüística e adestramento nas novas tecnoloxías para a busca de emprego”, preferentemente para persoas migrantes desempregadas ou con empregos precarios. Do 29 de maio ata o 2 de xuño de 2023, de 9:00 a 14:00 hs., no Edificio Administrativo CERSIA rúa Alcalde Raimundo López Pol s/n (San Lázaro) Santiago de Compostela.

Por medio desta formación queremos conseguir:

  • Fomentar a intercomunicación coa cultura de acollida para facilitar a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral .
  • Adquirir destrezas no uso das novas tecnoloxías, recursos persoais e sociais que axuden á empregabilidade.

OBXECTIVO:

Formación en habilidades sociais por medio da inmersión linguística coa utilización das novas tecnoloxías para o emprego.

CONTIDO:

  • Adestramento e práctica no uso das novas tecnoloxías
  • Inmersión lingüística para o desenvolvemento da vida diaria
  • Preparacion básica competencia clave nivel 2 en Lingua galega
  • Dereitos laborais e busca de emprego
  • Habilidades para a busca de emprego
  • Igualdade de oportunidades