No marco do PROGRAMA ACAROAR, dentro das actividades de formación e de promoción do acceso ás novas tecnoloxías; imos impartir o curso “Uso das novas tecnoloxías para o emprego e a vida diaria”. Do 12 ao 16 de xuño de 2023, no Centro Sociocultural José Saramago de VITE, en horario de 9:00 a 14:00 hs.
Obxectivo:
–Adquisición de recursos e habilidades sociais para o emprego coa utilización axeitada das novas tecnoloxías.
-Fomentar as relacións interxeracionais e interterritoriais entre mulleres traballadoras de fogar e coidados.
-Promover o fortalecemento ou o apoderamento das mulleres.
-Poñer en valor a necesidade e a importancia social do traballo de fogar e os coidados.
CONTIDOS:
- Adestramento e práctica no uso das novas tecnoloxías.
- Relación e dereitos laborais de emprego de fogar e coidados.
- Estereotipos de xénero en relación aos coidados.
- Adquisición de información dos recursos, dereitos, servizos e recursos.
- Habilidades sociais, igualdade, fortalecemento e apoderamento.