No marco do Programa CABO DELA 2025, orientado ao fomento do apoderamento e a capacitación profesional das mulleres e financiado pola Deputación da Coruña, imos impartir un curso sobre Intelixencia Artificial e aplicación nas Habilidades Dixitais. Esta formación está dirixida, prioritariamente, a mulleres en risco de exclusión social.
- Datas: do 4 ata 14 de novembro de 2025
- Duración: 45 horas
- Horario: 09h a 14h
- Lugar: Casa das Asociacións de Cornes. Santiago de Compostela
- Destinatarias: prioritariamente mulleres en risco de exclusión social
Obxectivos da formación:
- Ofrecer recursos e ferramentas dixitais no ámbito formativo e no ámbito persoal e de procura de emprego; orientación e acompañamento á inserción socio laboral
- Desenvolver habilidades sociais mediante o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao fortalecemento e apoderamento persoal e profesional das mulleres.
Contidos do curso:
- Que é a Intelixencia Artificial (IA)
- Como funciona unha Intelixencia Artificial (IA)
- Aplicación da Intelixencia Artificial (IA) aos Recursos Humanos (RR.HH.)
- Detectores de uso de Intelixencia Artificial (IA)
(Esta actividade está financiada pola Deputación da Coruña, cun importe total do Programa CABO DELA de 11.760,38 euros e un coeficiente de 0,80)














