A Plataforma pon en marcha os Programas EMERXENDO: ITINERARIOS DE INCLUSIÓN SOCIOLABORAL BÁSICA E ITINERARIOS DE TRANSICIÓN AO EMPREGO, o conxunto de accións que se desenvolven nestas actuacións pretenden que as persoas participantes adquiran recursos e ferramentas útiles para o seu desenvolvemento no mercado laboral e así conseguir a inclusión social e laboral.

OBXECTIVOS E ACTIVIDADES QUE SE DESENVOLVEN:

  • Inserción sociolaboral das persoas participantes.
  • Mellorar a empregabilidade.
  • Adquisición de cualificación profesional.

NECESIDADE SOCIAL E CARÁCTER INNOVADOR:

É necesario, segundo a nosa experiencia, que levamos anos traballando en actividades relacionadas co desemprego e o emprego, e coas circunstancias sociais que conleva esta situación, pór en marcha iniciativas de carácter emprendedor e outras de carácter informativo e formativo, que axuden a mellorar a realidade sociolaboral, e que incidan positivamente na dinamización socioeconómica sostible.

As actuacións compleméntanse co conxunto de actividades que realiza a Plataforma, orientadas a facilitar a inserción sociolaboral de persoas en situación ou en risco de exclusión social. A entidade ten dúas áreas de traballo principais:

Área de Inserción sociolaboral e Área de promoción de emprego e emprendemento.

O programa intégrase dentro destas dúas áreas principais e vai dirixido, con prioridade ás persoas que se atopan ou están en risco de exclusión social.

DESCRICIÓN DO CONTIDO DAS ACTUACIÓNS:

1- Diagnose, coa adecuación e concreción do perfil profesional a traballar, confección e/ou optimización do seu C.V e o deseño personalizado do itinerario de busca de emprego e/ou formación.

2- Fortalecer capacidades persoais e sociais.

3- Información dos recursos de busca de emprego e adestramento nas TIC.

4- Adestramento personalizada nas habilidades sociais e a igualdade de xénero.

5- Acompañamento social e intermediación.

6- Formación para o emprego dos sectores de actividade do comercio, e de servizos á comunidade.

7- Información e asesoramento en materia de relacións laborais e inmigración.

8- Accións de seguimento do itinerario de busca de emprego e/ou formación, busca de recursos formativos adecuados e complementarios a cada perfil profesional.

9- Accións de seguimento na inserción laboral.