XORNADAS “OPORTUNIDADES PARA O TALENTO E A CREACIÓN DO EMPREGO NAS ECONOMÍAS LOCAIS”.
A Plataforma Polo Emprego, como entidade que forma parte do Pacto Polo Emprego do Concello de Santiago, informa e convida a toda as persoas interesadas, e a cidadanía en xeral, á celebración de Talentia 2018, que se levará a cabo os días 13 e 14 de novembro de 2018 no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela en San Lázaro.
O obxectivo destas xornadas será coñecer as claves do mercado laboral, ampliar os coñecementos sobre as actuais demadas das empresas, e as ferramentas e competencias requeridas para a inserción laboral.
Os catro grandes bloques de “Talentia 2018”, son:
CERTIFICA O TEU TALENTO, obtención de certificados oficiais relacionados con idiomas, oficios, competencias dixitais, etc. para acreditar os coñecementos.
PROXECTA O TEU TALENTO, sesións de mentoring individual e grupal con profesionais de diversos sectores. Obradoiros de marca persoal para actualizar a túa imaxe, CV e video-curricullum.
CONECTA O TEU TALENTO, varias empresas realizarán procesos de selección, con entrevistas persoais e dinámicas grupais.
DESCUBRE O FUTURO DO TALENTO, presentación dos programas de captación e retención do talento de empresas, información sobre os perfís profesionais máis demandados, xestión do talento na economía local, etc.
INSCRÍBETE en talentia.gal. preme aqui
Máis información: www.axencialocaldecolocacion.org